Continuamos con mais unha actividade deste recentemente creado Forum Social Limiao, nesta ocasión coa proxección de un documentario intitulado “Consume hasta morir” o próximo venres día 16 ás 20h30 na Casa da Cultura de Xinzo e posterior coloquio por volta de uns do piares sobre os que se fundamentou até o de agora o imperante sistema capitalista: o consumo.
“Nunca tiveches a sensación de que, na túa vida cotiá, hai sempre “algo" que te incita a comprar calquera tipo de produto ou servizo, aínda que non o necesites?. Disto e outras cuestións vai este magnífico documental no que se nos mostran sen disimulos algunhas das estratexias que utilizan as grandes marcas para crear en nós todas esas falsas necesidades.
É un feito que vivimos nunha sociedade absolutamente consumista, non obstante iso é algo que temos asumido e, en consecuencia, obviamos. Pero de cando en vez quizais é boa idea pararse a pensar quen dirixe as nosas vidas, as nosas necesidades e as nosas decisións pois, aínda que a publicidade e as estratexias de mercadotecnia poidan parecer recursos puramente persuasivos, en moitas ocasións condicionan os nosos actos ou decisións e, o que é peor, a nosa percepción da realidade, creando falsas necesidades e converténdonos en marionetas do mercado sempre á espectativa dun inalcanzable benestar”